quarta-feira, 7 de novembro de 2007

Galiza, un pouco máis lonxe...

Poucas veces unha noticia dun xornal, ou máis ben unha decisión política, afecta tanto a propria vida. Case sempre as resolucións administrativas xerais que nos "tocan" en canto a cidadáns reparten a súa carga entre moitos e, se son manifestamente inxustas terminan por corrixirse ou alomenos suavizarse. Sen embargo, cando se adopta unha disposición contra un colectivo pequeno e disperso, as probabilidades de loitar contra ela quedan anuladas.
A noticia de que a Consellería de Educación pecha o concurso autonómico, por primeira vez en moitos anos, aos profesores que andan a traballar noutras comunidades autónomas caeu na miña casa coma se fose unha bomba: as probabilidades que o Radical tiña de voltar a Galiza quedan reducidísimas. Obviamente, está arrabiado, a súa especialidade hai máis de dez anos que non convoca novas prazas en Galiza, de xeito que as opcións eran dúas: ou presentarse noutra comunidade ou quedar de sustituto-interino (segundo cadrara cada curso) para toda a vida. Elixiu a primeira, gañou unha oposición nunha terra que non o discriminou por non ter acento pata negra e notárselle que é galego apenas abre a boca, pero sempre coa esperanza de voltar. Ou alomenos de que o deixen competir... Ata agora, sempre fora así: botaba a instancia e había outros con máis puntos. Sempre o aceptamos deportivamente: sacaban máis puntos ca el. Pero isto é diferente: nacemos en Galiza, estudamos en Galiza, non conseguimos estabilidade no traballo en Galiza, a pesares diso, invertimos parte do que gañamos noutra terra en Galiza... e Galiza péchanos a porta.

As explicacións da Consellería son absurdas: Galiza é unha comunidade con lingua propria e vai ser ben difícil topar a algún non galego o que non vivira unha tempada longa en Galiza que teña calificación lingüística dabondo para obter praza no concurso. É simplemente unha medida para ter contentos aos de dentro e os de fóra... bah, total son catro gatos e moitos xa nin votan en Galiza (non é coma se levaramos 50 anos no Brasil... aquí non nos visita ninguén na campaña electoral).

En fin, pensabamos que o ser pequeno (que xa empeza a non ser nada pequeno e a facer moito bulto no meu ventre) podería pasar boa parte da súa infancia na Galiza. Xa veremos. Agora non sei se insistirlle en que pronuncie as eses do final das palabras ou non...

5 comentários:

paideleo disse...

Galicia non dá levantado a cabeza e a xente necesita emigrar.
En Galicia hai traballo pero non hai quen queira pagalo así que toca coller maletas e patear polo mundo adiante.
Esperemos que cambian as cousas para os nosos fillos.

peke disse...

Se é certo o que din, só é por un ano. Ánimo e a seguir na brecha.

Hai Cada disse...

Peke, nós tamén temos oído que só é por esta vez... e poida que sexa verdade, porque sabemos doutros afectados que foron tan insistentes como para conseguir contactar con cargos da Consellería para montarlle a bronca. E como para conseguir que A Voz publicase a noticia.
Graciñas aos dous polos ánimos :).

dizi izle disse...

Thank you

Anónimo disse...

Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... realizar una consulta al dicom en chile