Quarta-feira, 28 de Novembro de 2007
Domingo, 11 de Novembro de 2007
Esencia de cuore
O estilo peixeiro ou verduleiro que xa hai tempo que veñen desenvolvendo os programas que tratan de escarbar na vida dos (supostos) famosos, vaise impoñendo pouco a pouco. O outro día, en 59 segundos, un periodista chamaba a outra idem fascista e acusábaa de engordar a ETA, ainda que, como é xa normal, apenas se se entendían os insultos entre tanto berro e interrupción. Agora xa ata as reunións internacionais chegan a ser un patio de veciñanza deses nos que case todo remata en xuizo de faltas. Leo e miro que Chavez, ese personaxe que sempre quere ser o morto nos enterros, o neno nos bautizos e a noiva nas vodas (o noivo ten demasiado pouco protagonismo para el), interrompe a alocución de Zapatero para botarse a insultar a Aznar. ¡Qué tempos aqueles en que Chavez ainda nos enganaba coa súa retranca...! Curiosamente, iso deume a oportunidade a ver, por unha vez, a Xoan Carlos I de Borbón facer algo útil (acertado ou non, pero sen dúbida útil): dicirlle que cale. Parece que Chavez está tan entregado a esa diarrea verbal que o leva a facer programas de TV de 6 horas que non é capaz de calar e escoitar nunca... En calquera caso, os tempos son chegados de que aqueles videos dos parlamentarios de Taiwan meténdose de hostias non vaian ter valor ningún. Para o próximo cumio latinoamericano igual chegan ás mans e ata entenderemos os insultos e todo (o chinés de Taiwan ainda non o dominamos e ningunha canle de TV se molestou xamáis en alugar un traductor que nos comentase por qué se pegaban). Vía a columna de Pereiro coñecín hoxe unha frase de Joseph Pulitzer que lle da un certo aire de futurologo: "una prensa abyecta, cínica, mercenaria e demagoga producirá co tempo unha sociedade igual de abyecta". Non sei se é esta mesma sociedade a que demandaba ese tipo de prensa ou se, como di Pulitzer, esta creou a aquela... pero é unha mágoa. Boas noites e boa sorte... pero ao contrario.
Publicada por
Hai Cada
à(s)
00:59
7
comentários
Hiperligações para esta mensagem
Quarta-feira, 7 de Novembro de 2007
Galiza, un pouco máis lonxe...
Poucas veces unha noticia dun xornal, ou máis ben unha decisión política, afecta tanto a propria vida. Case sempre as resolucións administrativas xerais que nos "tocan" en canto a cidadáns reparten a súa carga entre moitos e, se son manifestamente inxustas terminan por corrixirse ou alomenos suavizarse. Sen embargo, cando se adopta unha disposición contra un colectivo pequeno e disperso, as probabilidades de loitar contra ela quedan anuladas.
Publicada por
Hai Cada
à(s)
18:04
5
comentários
Hiperligações para esta mensagem
Etiquetas: contra Fraga viviamos mellor, política, ser pequeno
Segunda-feira, 8 de Outubro de 2007
SERGAS virtual
Non teño moita experiencia recente coa sanidade pública, por sorte. E que non se me entenda mal: digo por sorte xa que iso débese a unha saúde que me fixo evitar pisar unhas Urxencias ata os vintesete ou vinteoito anos, nin siquera para levar un punto ou por unha febre alta. Desde hai uns anos, ademáis, calquera pequena chorrada soluciónase a través do seguro privado ese que temos algúns funcionarios. Pero a resultas do meu accidente, caín unha noite de primeiros de agosto polas Urxencias do Hospital do Salnés, sangrando polo queixo e cun brazo esquerdo que non era quén de extender. Cósenme, dan un diagnóstico inicial sobre o brazo que a radiografía confirma despois, lévanme a Xinecoloxía a facer unha eco e alá vou na miña cadeira de rodas e coa radiografía no colo para que o traumatólogo dictamine qué facer co meu brazo. Agardo nun corredor un par de minutos e sae un médico, colócame un cabestrillo, que agora se chaman Slings, avísame de cómo debería quedar posto cando o quite e recomenda Nolotil. Non me explica nada da fractura, nin de pronóstico, nin de posible tratamento. Supoño que serán os protocolos de Urxencias... Pero cando me deixa sen fala é no momento en que di: "el traumatólogo dice que..." ¡Coño! pero se eu pensaba que estaba a falar co traumatólogo... ¿e logo, hai un traumatólogo de guardia que non mira a unha persoa que vai cunha fractura????? ¿Diagnostica de oído? ¿Acaso non considera que debería explicarme algo da fractura?En fin, sempre pensei que se me pasaba algo chungo prefería a Seguridade Social... pero agora non sei cómo van chegar a enteirarse de se me pasa algo chungo, alomenos mentres non desenvolvan algunha sección de Mediciña Telepática.
Publicada por
Hai Cada
à(s)
22:43
5
comentários
Hiperligações para esta mensagem
Quarta-feira, 3 de Outubro de 2007
Motivos...
Longa ausencia deste caderno... houbo motivos bos e malos. Dunha parte ¡viva, viva! VA-CA-CIÓNS. Fantásticas, viaxe polos USA, parques nacionais de perder o sentido, road trip por Utah, asomar ao Grand Canyon, facer o parvo en Las Vegas... en fin, supoño que xa contarei máis sobre a viaxe. Despois, volta ao traballo uns días e outra vez ¡viva, viva! Vacacións en Galiza, esta vez cunha ilusión ainda máis especial, xa que eran as primeiras que iamos pasar nunha vivenda nosa e non de alguén da familia. E por esas andabamos, arranxando o niño, cando ocurriu o malo... nunha noite agradable, ceniña na eira que ten miña sogra a poucos quilómetros da casa, uns poucos amigos e uns sobriños adorables (os meus). Pero todo o mundo sabe que aos sobriños os carga o diaño, así que xogando, xogando, tropecei co pobre Alberto e caín ao chan de frente. Botei o brazo a tripa... e o partin. Técnicamente, fractura de cabeza de radio. Por sorte, a ecografía de Urxencias di que o ser pequeno está ben: iso axuda a pasar a dor só con Nolotil. Despois quedou un sentimento de fraxilidade, de medo a levar outro golpe no brazo sen protección (só levei escaiola 4 días) e de agotamento de rular de médico en médico. Xa só me quedan dúas sesións de rehabilitación e xa pasou case todo. O ser pequeno medrou moito neste tempo, ata o punto de causarme anemia, a buscou espacio (é decir, estou gorda, gorda).
Publicada por
Hai Cada
à(s)
23:42
5
comentários
Hiperligações para esta mensagem
Etiquetas: ser pequeno
Segunda-feira, 18 de Junho de 2007
A Odisea
Publicada por
Hai Cada
à(s)
19:04
6
comentários
Hiperligações para esta mensagem
Etiquetas: indo e vindo
Sexta-feira, 1 de Junho de 2007
Fotos sí
Estes días tivemos fotos. As stars do evento foron o meu útero e o ser pequeno que xa acadou a frioleira de 5 cms. Disque o ser pequeno parece un varón (non é seguro), o cal non me extraña nadiña, pois levo case dous meses quentándolle a cabeza ao Radical con que hai que centrarse en nomes de neno, que teño a intuición de que é un neno. O Radical retrucaba co meu cincuenta por cento de probabilidades de acertar e tal. Cousas da xente de ciencias...
Publicada por
Hai Cada
à(s)
18:34
5
comentários
Hiperligações para esta mensagem
Etiquetas: ser pequeno, sobre min
Domingo, 27 de Maio de 2007
Telemérida
Publicada por
Hai Cada
à(s)
23:28
0
comentários
Hiperligações para esta mensagem
Etiquetas: extremadurando, política
Sábado, 26 de Maio de 2007
Novo caderno, casa nova
Volto a este medio, despois de meses e meses sen escribir. Moitas cousas cambiaron nestes tempos: a cidade, o traballo, a casa... ¡ata a hipoteca, iso que semella estar sempre aí! E ainda virá un cambio máis fondo e que fai que ande nas últimas semanas de moi bo humor, malia as náuseas e o cansanzo ocasional. Houbo diversas razóns para deixar o blog anterior: por un lado, o contacto co mundo do ladrillo para facer a mudanza deixoume sen folgos para a "lírica". Despois, solventado ese problema, tiven problemas de adaptación á nova cidade (iso que lle chaman morriña e que eu pensaba que os galegos só sentiamos por Galiza... pois non, eu botaba en falta aquela Roma belloteira e, sobre todo, os amigos que alí deixei). O cambio no traballo tamén foi demoledor: moreas de papeis, xefes que dan ganas de facer que lle abran a unha un expediente disciplinario con razón e, ainda que con boa relación cos compañeiros, sempre tratando de mediar nos conflictos que levan anos enquistados entre eles.
Publicada por
Hai Cada
à(s)
01:14
5
comentários
Hiperligações para esta mensagem
Etiquetas: metablogueo, sobre min
