quarta-feira, 28 de novembro de 2007

Preparados, listos... ¡xa!

En menos de unha hora, o tempo que tardemos en chegar a Vigo, ingresarei no hospital. Din os que saben que pola mañanciña comezarei a traer ao ser pequeno a este mundo exterior, probablemente con certa axuda química (ou non, quén sabe). O que sí que é case seguro é que en 24 horas como moito xa sexamos dous e non un pack. O Radical ven de camiño e parece que chegará para o evento. Por certo que o ser pequeno vaise chamar Iago.

5 comentários:

torredebabel disse...

Benvido Iago!!!
Tamen teño un Iago, chegou fai 3 anos e foi coa axuda química, si. De todos os xeitos, tanto ten. O asunto é tan único e radical na vida que nada importan mais que iso. Noraboa!!

paideleo disse...

Noraboa un pouco tarde de mais.
Espero que tanto Iago coma ti esteades ben.

Veloso disse...

Cóntanos. Como vai todo? Hai tempo que non viña por aquí e estou moi atrasado de noticias. Espero que esteades ben.

peke disse...

Dáche tanto traballo o Iago que non podes actualizar un pouquiño?

Clara Flor disse...

Espero que fora todo ben.Apertas ao lonxe