sábado, 26 de maio de 2007

Novo caderno, casa nova

Volto a este medio, despois de meses e meses sen escribir. Moitas cousas cambiaron nestes tempos: a cidade, o traballo, a casa... ¡ata a hipoteca, iso que semella estar sempre aí! E ainda virá un cambio máis fondo e que fai que ande nas últimas semanas de moi bo humor, malia as náuseas e o cansanzo ocasional. Houbo diversas razóns para deixar o blog anterior: por un lado, o contacto co mundo do ladrillo para facer a mudanza deixoume sen folgos para a "lírica". Despois, solventado ese problema, tiven problemas de adaptación á nova cidade (iso que lle chaman morriña e que eu pensaba que os galegos só sentiamos por Galiza... pois non, eu botaba en falta aquela Roma belloteira e, sobre todo, os amigos que alí deixei). O cambio no traballo tamén foi demoledor: moreas de papeis, xefes que dan ganas de facer que lle abran a unha un expediente disciplinario con razón e, ainda que con boa relación cos compañeiros, sempre tratando de mediar nos conflictos que levan anos enquistados entre eles.

Isto é en parte unha disculpa pola miña despedida á francesa... non fun quén de contestar aos amables comentarios que apareceron na última entrada do meu blog. Ao principio, porque non pensaba que fose a última en realidade, despois, por puro desánimo e máis tarde, porque parecíame case inútil unha despedida.

En fin, que aquí estou e quero quedar nesta casa nova que quero poñer tan linda coma a da foto. Supoño que terei alomenos un lector: o que leva insistindo periódicamente que volte a escribir.

Vémonos.

5 comentários:

Begoña disse...

Ola, Hai Cada. Canto tempo dende a última vez :) Parabéns polo que se intúe tras ese cativo malestar :)

Unha aperta,

Cau

(Por certo, que tal os estudos? Se precisas algo -non sei por onde vas- dimo)

Anónimo disse...

Vaia! Noraboa polo que vai vir. E que ben que volviches (tamén case á francesa) :)

Anónimo disse...

Diosss, cantas veces entrei na páxina vella, ainda o fixen a semana pasada. Canto cavilei sobre que che pasaría (sobre todo porque cando eu desaparecín temporalmente do blog foi por cousas malas). E canto me alegro de volverte a ler, de saber que as cousas van ben, e van para mellor ainda.
Unha apreta enorme (pero con coidadiño, jeje).

torredebabel disse...

Ola! que ledicia atoparte de novo!!!! en serio, unha alegia grande grande...

Hai Cada disse...

Olaaaaa compañeiros.
Cau: non topo o teu blogue :(. ¿Hai outro proxecto por aí? Os estudos van piano, piano. Es sen saber moi ben qué facer o curso que ven... por un lado, temo aburrirme tantos meses sen traballar. Por outro, todos "os expertos" suxiren que non terei tempo para nada.

Gradicela: Graciñas! A volta é discreta porque ainda teño as orellas baixas da non-despedida.
Nenodadorita: Eu entrei varias veces na túa durante o parón... espero que o malo teña pasado xa e quede esquecido. Outra aperta.

Torredebabel: contigo quedei especialmente mal: mandáchesme un correo e prometín colaboración... uff, qué vergoña. Espero que me disculpes. Vexo que o teu blog segue adiante con esas novas da Galiza de ultramar. Bicos.