segunda-feira, 8 de outubro de 2007

SERGAS virtual

Non teño moita experiencia recente coa sanidade pública, por sorte. E que non se me entenda mal: digo por sorte xa que iso débese a unha saúde que me fixo evitar pisar unhas Urxencias ata os vintesete ou vinteoito anos, nin siquera para levar un punto ou por unha febre alta. Desde hai uns anos, ademáis, calquera pequena chorrada soluciónase a través do seguro privado ese que temos algúns funcionarios. Pero a resultas do meu accidente, caín unha noite de primeiros de agosto polas Urxencias do Hospital do Salnés, sangrando polo queixo e cun brazo esquerdo que non era quén de extender. Cósenme, dan un diagnóstico inicial sobre o brazo que a radiografía confirma despois, lévanme a Xinecoloxía a facer unha eco e alá vou na miña cadeira de rodas e coa radiografía no colo para que o traumatólogo dictamine qué facer co meu brazo. Agardo nun corredor un par de minutos e sae un médico, colócame un cabestrillo, que agora se chaman Slings, avísame de cómo debería quedar posto cando o quite e recomenda Nolotil. Non me explica nada da fractura, nin de pronóstico, nin de posible tratamento. Supoño que serán os protocolos de Urxencias... Pero cando me deixa sen fala é no momento en que di: "el traumatólogo dice que..." ¡Coño! pero se eu pensaba que estaba a falar co traumatólogo... ¿e logo, hai un traumatólogo de guardia que non mira a unha persoa que vai cunha fractura????? ¿Diagnostica de oído? ¿Acaso non considera que debería explicarme algo da fractura?

Pasan uns días e, tal e como me recomendara o médico "correveidile" de Mr. Trauma, acudo á cita co traumatólogo do meu seguro. Comenta ao mirar o informe que me atendeu o seu ex-xefe e engade que xa me tería explicado que... cando lle digo que non se dignara mirarme o que resposta é "ah, en su línea de siempre entonces".

En fin, sempre pensei que se me pasaba algo chungo prefería a Seguridade Social... pero agora non sei cómo van chegar a enteirarse de se me pasa algo chungo, alomenos mentres non desenvolvan algunha sección de Mediciña Telepática.

5 comentários:

torredebabel disse...

das moitas cousas que detesto, a soberbia dos médicos é das primeiras.

Raposo disse...

Non digas moi alto eso da mediciña telepatica que pode que o ministro ou ministra do ramo lle pareza boa idea.

Anónimo disse...

Cando eu rompín o nocello polos dous lados, tívenme que poñerme coma unha fera para que me explicasen o que implicaba e era o seguro privado. Así que... en todas partes cocen fabas.

paideleo disse...

Eu penso que os médicos deben ser visitados tantas veces coma os avogados: ningunha.
Hai de todo e tamén " hai cada...".
O importante é que non fose grave o asunto e que o neno vai adiante.
Graciñas polo comentario e ogallá que o teu fillo sexa o dobre de feliz do que o Leo.

Hai Cada disse...

Peke, ten razón no que di, de feito o traumatólogo privado únicamente me mirou, pero explicar non explicou nada. Tivo que ser o fisio de Badajoz o que me deixou tranquila, simplemente adicándolle 5 minutiños a mostrarme como fora a fractura e por qué na súa opinión tiña un pronóstico moi bo...
O que non entendo e que alguén entre nas Urxencias dun hospital cunha fractura, que haxa só dous ou tres pacientes máis (ningún de traumatoloxía) e que o sr. traumatólogo non se digne aparecer físicamente...
Paideleo, totalmente dacordo, eu seguía esa "norma" a raxatabla ata hai uns meses... todos os compañeiros rían ao ver o meu talonario de receitas, hai xa varios anos que para o meu gremio os fan brancos e o meu ainda é azul ;).
Sáudos.