sexta-feira, 1 de junho de 2007

Fotos sí

Estes días tivemos fotos. As stars do evento foron o meu útero e o ser pequeno que xa acadou a frioleira de 5 cms. Disque o ser pequeno parece un varón (non é seguro), o cal non me extraña nadiña, pois levo case dous meses quentándolle a cabeza ao Radical con que hai que centrarse en nomes de neno, que teño a intuición de que é un neno. O Radical retrucaba co meu cincuenta por cento de probabilidades de acertar e tal. Cousas da xente de ciencias...
O problema é que a nosa lista de nomes de neno é limitadísima e pouco entusiasta. Para colmo, nada común as preferencias do Radical e as miñas. O vivir fóra de Galiza tampouco axuda: ambolos dous comprobamos empíricamente cos colegas do traballo que aquí ninguén é capaz de pronunciar "Anxo" e tampouco é cousa de que remate por ser o "ancho" da escola infantil. En fin, que se admiten suxerencias... xa non somos quén de mirar máis listas de nomes: á fin acaban soándome todos iguais.

5 comentários:

paideleo disse...

Benvida e noraboa polo Haicadiño que vén de camiño !!!!.
Cando foi o do meu fillo, aparte de Leo tamén pensaramos no nome de Nuno que non quixen ó final porque me parecía máis cacofónico. Non me gustan os nomes co son -x- porque a xente pronúnciaos mal a maioría das veces.
Bueno, alédome da túa volta e xa te poño de ligazón activa.
Un saúdo.

Peke disse...

Ía suxerirche un par de dicionarios de nomes pero xa vexo que non cómpre. Seguiremos por aquí a ver como vai o proceso.

Marinha de Allegue disse...

Alégrame a túa volta!!! e a xestación d@ pequen@ tamén.

P A R A B E N S dobres.
Unha aperta grande
:)

Hai Cada disse...

Hola!!! Xa de volta: paideleo (cústame non chamarte acedre ;) ), tamén pensamos en nuno, pero paréceme demasiada -n-... Na familia e entre amigos tamén alguén comentaba Roi, pero ao Radical e a min soanos, por veces, un pouco a nome de can... Manías, xa sabes.
Peke, moitas grazas, pero xa teño en Favoritos non sei cántas listas de nomes que buscou o Radical e non acabamos de aclararnos.
Marinha, cantoooo gusto. Aquí ando, recuperando o tono, se se pode (ou buscando un novo).
Apertas.

torredebabel disse...

Parabens!!!!! eu chamei ao meu fillo Santiago pero se tivera sido nena, ia levar o Uxía ainda que non hai outra Uxia en todo este país de case 40 millons de persoas.